COMO CHEGAR
COMO CHEGAR
O municipio de Boqueixón pertence á área metropolitana de Santiago de Compostela. Lestedo, a súa localidade con maior densidade de poboación, atópase perfectamente conectada a menos de media hora desde a capital de Galicia. Pódese chegar a Lestedo en coche propio ou alugado, así como en taxi ou a través da rede de autobuses do transporte público, que saen desde a estación intermodal de Santiago, onde tamén se atopa a estación de tren.
As principais vías de acceso son a estrada nacional N-525, que conecta directamente Santiago con Lestedo. Do mesmo xeito, desde o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago hai posibilidade de achegarse a Boqueixón a través de estradas locais, que entroncan coa autovía N-634. Ademais, pódese chegar a Lestedo accedendo tomando a AC-240 desde o municipio de Touro ou da localidade de Ponte Ulla.
Coordenadas GPS: 42.7141538, -8.3856263
Tempo de desprazamento
Coche/Taxi
desde o centro de Santiago:
17 minutos
Coche/Taxi
desde o Aeroporto Rosalía de Castro:
23 minutos
Autobús
desde a Estación Intermodal de Santiago:
26 minutos