Saltar ao contido

FESTA DA FILLOÍÑA

FESTA DA FILLOÍÑA

A Festa da Filloíña é a celebración máis clásica do Entroido, dentro do programa de actividades da Festa da Filloa. Ten lugar no Campo da Festa de Lestedo o fin de semana previo ao día grande do festexo, normalmente o sábado.

De feito, este evento especialmente pensado para a cativada é unha versión en miniatura do día grande da Festa da Filloa. Durante a xornada elabóranse filloas con recheos doces, ten lugar un pregón infantil impartido por escolares do municipio e celébranse atranques dos Xeneraliños e Xeneraliñas da Ulla, cativada que forma parte da agrupación dos Xenerais. Precisamente pola idade dos protagonistas, estes atranques realízanse montados sobre ponis, en lugar de a cabalo.

No evento tamén hai actuación de grupos de música tradicional e xogos populares, pero sen dúbida, a actividade principal da xornada é o concurso de disfraces. Cada ano danse cita preto dun centenar de persoas do concello que participan, previa inscrición, nas categoría individual ou grupal do certame.

O evento péchase, chegada á noitiña, cos concertos dalgúns dos principais grupos de música infantil de Galicia como Uxía Lambona e a Banda Molona, que pasou polo palco da Festa da Filloíña durante a XLI edición.

El evento se cierra, ya al anochecer, con los conciertos de algunos de los principales grupos de música infantil de Galicia como Uxía Lambona e a Banda Molona, que pasó por el palco de la Fiesta de la Filloíña durante la XLI edición. 

Ir o contido Click to listen highlighted text!