FILLOA COOKING
FILLOA COOKING
Como toda celebración gastronómica, a Festa da Filloa de Lestedo busca potenciar e dar a coñecer o produto por excelencia de Boqueixón e de todo o Entroido galego: as filloas.
Con esta intención ponse en marcha o Filloa Cooking, un programa de actividades que, a través de diferentes obradoiros, permite achegar ao público tanto a receita tradicional das filloas como as preparación máis vangardistas.
Ademais, o programa ten moi en conta a accesibilidade para diferentes colectivos. Por este motivo, inclúe un showcooking coa totalidade das receitas aptas para celíacos, e un obradoiro para persoas con discapacidade auditiva.
Obradoiro Escola Filloeira
A Escola Filloeira é un obradoiro pensado para que a cativada e os máis mozos coñezan de primeira man os segredos das filloas. Con este obxectivo desenvólvense diferentes xogos sensoriais, centrados no gusto, o tacto ou o olfacto ao redor deste doce tradicional.
Durante a actividade, os asistentes aprenden tamén sobre a elaboración de filloas ao xeito tradicional, encargándose da súa preparación coa axuda das filloeiras de Lestedo, e complementándoas con diferentes recheos.
Showcooking Filloa sen Glute
O showcooking Filloa sen Glute é unha actividade totalmente adaptada para persoas celíacas. Nel elabóranse ata cinco receitas de filloas sen glute a partir de fariñas de millo, trigo sarraceno, arroz, garavanzos e castañas que, combinadas con diferentes recheos, converten ás filloas tradicionais en pratos de absoluta vangarda.
As receitas son elaboradas en directo por chefs convidados, que na última edición foron José Manuel Mallón e Roberto Filgueira, e catadas polos máis de corenta asistentes ao evento.

Obradoiro Filloa Inclusiva
Neste obradoiro, as persoas con discapacidade auditiva comparten o papel principal coas raíñas da festa: as filloas.
A actividade, que conta en todo momento cun intérprete de signos, consta dunha parte divulgativa na que os asistentes proban as filloas de Lestedo orixinais e tamén acompañadas de diferentes esencias; e dunha parte de degustación na que se elaboran e catan dúas receitas máis innovadoras.
O programa “En lengua de signos” de La 2 de RTVE fíxose eco desta actividade da XLI edición da Festa da Filloa, como se pode constatar nesta ligazón.