PATRIMONIO HISTÓRICO
PATRIMONIO HISTÓRICO
O patrimonio histórico vencellado coa tradición cristiá e coa arquitectura relixiosa está moi presente en Boqueixón. A continuación, amosámosche as principais igrexas de interese.
Lestedo
Ademais dos restos do torreón medieval que se levantan na cima do Pico Sacro e dos restos románicos da reconstrución nos séculos XI e XII e actual Capela de San Sebastián, Lestedo conta con outros dous templos interesantes para a persoa visitante.
Así, no lugar de Rubial levantouse a antiga igrexa parroquial de Santa María de Lestedo, un templo de estilo románico de reducidas dimensións que, debido ó seu mal estado de conservación, tivo que reconstruírse a principios do século XX. Así, o 2 de xuño de 1915 comezaron as obras do novo edificio, de pranta de cruz latina e grandes vidrieiras, encadrado dentro do estilo neogótico deseñado polo arquitecto compostelá Jesús López de Rego. Unha igrexa de gran altura, con contrafortes, arcos apuntados, elevados pilares, bóvedas de crucería e unha gran torre na súa fachada, como elementos característicos. As súas vidreiras a cores datan do 2005 e o seu interior acolle 3 retablos: o maior, o de San Roque e o de Nosa Señora do Carme.
Igrexa de Lestedo
Capela Lourdes
Emprazada no Campo da Festa de Lestedo, atópase a Capela de Nosa Señora de Lourdes. A súa construción comezou en 1883 co obxectivo de facilitar a asistencia da veciñanza aos cultos relixiosos os días de mercado. Tanto o seu interior -con planta de salón- como a súa fachada -cunha sinxela xanela circular e unha espadana- seguen as liñas clásicas e sobrias do historicismo decimonónico.
Completan o patrimonio histórico relixioso da parroquia de Lestedo catro cruceiros, todos eles en granito e coas figuras do Cristo crucificado e da Virxe. Localízanse nas aldeas de Rubial, Pazos e Cachosenande, aos que se suma o Cruceiro da Feira.

Outras igrexas parroquiais
Cada unha das parroquias de Boqueixón conta coa súa propia capela ou cunha igrexa. Salientan, entre elas, as seguintes:
- Igrexa parroquial de Loureda
- Igrexa parroquial e cruceiro de Lamas
- Igrexa parroquila de Oural e a Capela do Castro
- Capela de Nosa Señora da Fonte en Pousada
- Igrexa de San Lourenzo en A Granxa
- Capela de San Bieito de Rodiño, en Sergude
- Capela de Donas
Capela de Donas