Saltar ao contido

QUE É?

QUE É?

A Festa da Filloa de Lestedo é unha exaltación gastronómica e cultural, cuxo día grande celébrase o Domingo de Piñata na localidade de Lestedo (Boqueixón-A Coruña). Esta cita, declarada Festa de Interese Turístico Galego no 2008, pon o broche máis exquisito á época de Entroido.

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo organiza, en colaboración co Concello de Boqueixón, este evento, que conta coa participación de máis de 200 veciños e veciñas da parroquia. A Festa da Filloa de Lestedo conta cada ano con máis visitantes e, para proxectala aínda máis, na súa 40ª edición  incrementouse o programa de actividades a dúas semanas. Actuacións musicais, showcookings, degustacións, o tradicional Entroido dos Xenerais da Ulla, actividades infantís e as máquinas filloeiras -con capacidade para facer ata 1.200 filloas á hora- centraron a programación de 2023.

O Campo da Festa de Lestedo convértese, así, nun fervedoiro de miles de persoas que acoden a degustar diferente tipo de filloas acompañadas polos recheos máis variados. En 2023, incorporouse unha novidade, ca venda de filloas sen glute, especialmente pensadas para persoas celíacas.

Mandís de honra

Ca declaración de Interese Turístico de Galicia, a Festa da Filloa de Lestedo creou a figura dos Mandís de Honra. Entréganse tanto a persoas implicadas na celebración desta cita, ademais de a personaxes destacados da vida política, social e cultural galega e española. A súa tarefa é actuar de embaixadores e embaixadoras desta exaltación gastronómica alá por onde vaian.

Dende 2008, son cerca de 100 as persoas distinguidas cos Mandís de Honra da Festa da Filloa de Lestedo. Na 41ª edición, destacou o chef dúas Estrelas Michelín Javier Olleros (do restaurante Culler de Pau), que tamén fixo as veces de pregoeiro. Xunto a el, recibiron o Mandil de Honor o exalcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio Vázquez, e a responsable do departamento de Seguridade Alimentaria da Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA), Nuria Colmenero.

MandilesHonorFilloa24
Ir o contido Click to listen highlighted text!