RECEITA
RECEITA
Para a receita tradicional da Filloa de Lestedo necesítanse os seguintes ingredientes, que darán para unhas 80 filloas:
Elaboración
En primeiro lugar, deberase mesturar a auga e a fariña para deixala en repouso unhas 3 horas. Pasado ese tempo, deberanse eliminar todos os grumos cun batedor para despois engadir os ovos e a sal. E xa está listo o amoado!
A continuación, úntase o filloeiro ou a tixola con touciño e vértese unha capa fina da masa. Hai que deixar que o amoado se vaia facendo e, cando estea a punto, darlle a volta para que se faga polo outro lado. Un tempo máis de cocción, e Filloas de Lestedo marchando!
Filloas sen glute
Unha das novidades que se presentou na XL Festa da Filloa de Lestedo foi un taller de elaboración de estas sobremesas sen glute, en colaboración co GDR Terras de Compostela e a Asociación Galega de Celíacos. A sesión foi dirixida polo chef Manuel Mallón e contou coa participación de tres filloeiras de Lestedo.
Unhas variantes con 5 fariñas diferentes, aptas para persoas celíacas. A iniciativa tivo tal éxito que se ofreceu durante a xornada grande desta celebración un espazo específico para a degustación e venda de filloas sen glute, con fariña de de trigo sarraceno.
A continuación, ofrécense as receitas para as Filloas de Lestedo sen glute:
A continuación, ofrécense as receitas para as Filloas de Lestedo sen glute:
Filloa con fariña de millo
- 100 gr fariña de millo
- 25 gr amidón de millo
- 1 ovo (60 gr)
- ½ litro de auga
- Sal
Filloa con fariña de trigo sarraceno
- 150 gr de fariña de trigo sarraceno
- 2 ovos (120 gr)
- 850 ml de auga
- Sal
Filloa con fariña de arroz
- 100 gr de fariña de arroz
- 1 ovo (60 gr)
- 250 ml de auga
- Sal
Filloa con fariña de garavanzo
- 250 gr de fariña de garavanzo
- 2 ovos (120 gr)
- 850 ml de auga
- Comiño, coandro e perexil fresco
- Sal
Filloa con fariña de castaña
- 100 gr de fariña de castaña
- 1 ovo (60 gr)
- 500 ml de auga
- Anís e loureiro
- Sal