RUTAS DE SENDEIRISMO
RUTAS DE SENDEIRISMO
O turismo de natureza é un dos principais atractivos do municipio de Boqueixón. Para as persoas ás que lles gusta o sendeirismo, este concello conta con dúas rutas de dificultade media e media-baixa. Coñece máis detalles sobre elas nas seguintes liñas:
RUTA DO PICO SACRO
Comezo: Centro de interpretación do Pico Sacro
Punto de remate: Pico Sacro
Distancia: 2,650 quilómetros
Dificultade: Media
Itinerario
A ruta comeza ao carón do Centro de Interpretación do Pico Sacro, situado no lugar de Cachosenande. Dende alí empréndese a subida por un fermoso sendeiro que a medida que avanza colle un maior desnivel. Esta senda chega ata o depósito de auga, subindo por camiños forestais. Dende o depósito cóllese á esquerda e chégase á cima, á Capela de San Sebastián e á cima do Pico Sacro.
RUTA DE PESCADORES E RÍO GRANDE
Comezo: A Ponte Ledesma
Distancia: 9,6 km.
Dificultade: Media – Baixa.
Itinerario
O punto de partida desta ruta é a Ponte Ledesma, un núcleo poboacional cun conxunto etnográfico moi importante: Igrexa Divino Salvador de Ledesma, a Ponte Vella de Ledesma e as Ínsuas de Gres sobre o Ulla. Percórrese a Ruta de Pescadores, tramo da Rede Natura 2000, un espazo natural protexido, e séguese por unha fermosa senda de pescadores cunhas vistas de gran beleza ata a parroquia de Donas. O percorrido continúa pola Ruta do Río Grande que leva á Capela de San Paio en Codeso, rematando nunha fervenza de 7 metros de altura.