Saltar ao contido

TURISMO ACTIVO

TURISMO ACTIVO

Ademais de ser coñecido como un lugar de lendas e de referencia dentro do Códice Calixitino, o Pico Sacro tamén se está a converter nun referente dentro do turismo de aventura. Desde o Concello de Boqueixón, en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía están a desenvolver un programa de baixadas ás covas do Pico Sacro.

Trátase dunha experiencia que te achegará ao interior deste Monte sagrado e a través da cal tamén poderás descubrir o cuarzo branco do que está composto. As baixadas ás covas do Pico Sacro comezáronse a desenvolver logo de terse realizado unha completa limpeza do interior da sima, de xeito que se facilita o paso das persoas para que cheguen ata o punto de unión das dúas covas, cuxas entradas se atopan en dúas caras opostas da parte alta do Pico Sacro.

As primeiras edicións destas propostas, que tamén se combinan con explicacións sobre a singularidade deste enclave histórico, natural e cultural, rexistraron unha excelente acollida. Polo tanto, se che gusta a espeleoloxía e queres facer unha primeira inmersión neste eido, a baixada ás covas do Pico Sacro resulta un plan do máis recomendable.

Turismo activo-1
Turismo activo-2

Por outra banda, Boqueixón ofrece tamén outras posibilidades de turismo activo. Durante a época de verán, o Concello promove unhas xornadas de deporte e aventura co descenso en kaiaks polo río Ulla, con saída na área das Ínsuas de Gres.

Finalmente, as persoas amantes do enoturismo tamén poderán gozar desta parte do turismo activo nos aloxamentos enoturísticos do muinicipio. Ademais, pódese gozar das vistas dos viñedos de recente prantación localizados na parroquia de Donas.

Ir o contido Click to listen highlighted text!