Saltar ao contido

VALOR GASTRONÓMICO

VALOR GASTRONÓMICO

A Filloa de Lestedo conta cun valor gastronómico singular, xa que serve tanto para tomar soa como para formar parte dunha receita do máis elaborada. Así, a variabilidade de propostas culinarias, algunhas das cales se poden degustar na propia Festa da Filloa de Lestedo, é moi alta.

A categorización principal vén dada polo tipo de recheo: salgado ou doce. No primeiro caso, poderíase optar polas variantes máis tradicionais. Por exemplo, unha Filloa de Lestedo chea de chourizo, de touciño, de roxóns, mentres que, no segundo, por mel, azucre, chocolate ou nata.

Propostas innovadoras

Se por algo destaca a Filloa de Lestedo é pola súa versatilidade. Isto permite utilizala como base para os máis variados recheos. Desde a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, desenvolveron diversas xornadas e actividades gastronómicas enfocadas a poñer en valor esta condición versátil do produto.

Como exemplos, atópanse as propostas elaboradas en 2019 na Xornada da Filloa de Lestedo celebrada no Mercado A Galiciana de Santiago, na que se elaboraron os seguintes pratos:

  • Filloa rechea de guacamole e pico de galo
  • Filloa rechea de kartoffelsalat
  • Filloa rechea de pulled pork, ajipanca, cebola morada e boniato krispy
  • Filloa rechea de revolto de gambón e espinacas
  • Filloa rechea de mexillóns tigres (picantes)
  • Filloa rechea de formaggio squacquerone, salmón, caviar e leituga
  • Filloa rechea de polbo
  • Filloa rechea de cogomelos á manteiga, salsa de soia e vexetais tempurizados
Propuesta innovadora

Xa en 2020, o Mercado Boanerges de Santiago acolleu unha xornada da Filloa de Lestedo na que os chefs Yayo Daporta (Estrela Michelín) e Roberto Filgueiras (de Grupo Nove Cociña) ofreceron estas exquisitas receitas:

  • Taco de cocido galego con base de filloa
  • Filloa rechea de xurelo á brasa con pan de millo
  • Filloa rechea de grelo e porco celta
  • Filloa rechea de alga codium e polbo
  • Filloa rechea de mel, marmelada de ameixa e xelea de fresa
  • Filloa rechea de Nutella, amorodo e nata
Propuesta innovadora

Con motivo da 40ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, o pregoeiro, o chef Estrela Michelín Manuel Costiña, ofreceu unha masterclass na que presentou tres novidosos e exquisitos pratos con este produto como base:

  • Filloa con carpaccio de cabeza de porco afumada, encurtidos de piparra, caviar de aceite de oliva, escamas de pimentón e brotes de Maruxa
  • Filloa con mexillóns, pesto mariño, crema de lumbrigante, caviar de aceite de oliva, herbas mariñas
  • Filloa con terra de trompetas dos mortos, xeado de licor café e oruxo e améndoas
Propuesta innovadora
Ir o contido Click to listen highlighted text!