A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo vén de completar unha serie de melloras na súa máquina filloeira. Estas modificacións no sistema de elaboración de Filloas de Lestedo foi posible grazas a unha subvención da Deputación da provincia de A Coruña. Esta axuda cubriu arredor do 70% do custo total das devanditas melloras.
Entre as melloras levadas a cabo, cómpre salientar a mecanización dos soportes das placas dos filloeiros, o conxunto de soportes laterais, o reaxuste dos controis da máquina, así como a optimización da cadea de tracción dos filloeiros. Do mesmo xeito, incluíuse un xogo de queimadores lineais, ademais de latiguillos e reguladores para a estrutura.
Desde a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo agradecen á Deputación da Coruña a súa implicación na mellora desta máquina filloeira, cuxa creación tamén foi posible a través dunha axuda da entidade provincial. A máquina filloeira foi creada no ano 2022 e conta con capacidade para elaborar ata 800 filloas de Lestedo á hora. Esta nova infraestrutura contibuíu a mellorar a atención ás persoas visitantes e a optimizar a capacidade de elaboración de filloas durante as xornadas grandes desta exaltación gastronómica.