Saltar ao contido

A Escola Filloeira estréase o 14 de febreiro cun obradoiro gratuíto de elaboración de Filloas de Lestedo para crianzas de 10 a 18 anos

A XLI Festa da Filloa de Lestedo incluirá no seu programa unha xornada dedicada a formar ás futuras xeracións na arte de elaborar o produto por excelencia desta parroquia. A Escola Filloeira estrearase o vindeiro 14 de febreiro cun obradoiro gratuíto de elaboración de Filloas de Lestedo.

Esta actividade está dirixida a crianzas de 10 a 18 anos. A proposta desenvolverase no Local Social de Lestedo a partires das 17.00 horas.

As inscricións deberán realizarse a través do formulario dispoñible na web da festa. As prazas son limitadas e iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición, polo que cómpre realizar a reserva á maior brevidade posible.

Ir o contido Click to listen highlighted text!