PARTICIPANTES
-
- Poderá participar calquera persoa maior de idade con fotos propias, orixinais e tomadas con dispositivo móbil ou cámaras fotográficas.
IMAXES A CONCURSO
2. As fotografías deben presentarse cun título.
3. NON se permiten as imaxes feitas con Intelixencia Artificial, se ben o/a autor/a das fotografías ten plena liberdade para editalas como prefira. O contido e a temática das fotografías recollerá algún dos seguintes aspectos/ momentos/ criterios: a elaboración das filloas, presentacións empratadas de filloa/s, creatividades en base ás filloas, etc Nas fotos só poden aparecer imaxes da creación, non poden aparecer imaxes de persoas.
4. As fotografías non poderán ser contrarias á lei, á protección da infancia, á dignidade da muller, á honra, á intimidade ou á propia imaxe de persoas ou entidades. Neste sentido, e sen prexuízo da exclusiva responsabilidade da persoa autora das fotografías, a organización do concurso resérvase o dereito de retirar e/ou denegar a participación neste concurso daquelas fotografías sobre as que se constate, ou razoablemente se sospeite, que incumpre este requisito.
5. As fotografías deben ser orixinais. Non se admitirán imaxes presentadas anteriormente a este concurso ou outros certames.
SISTEMA DE PARTICIPACIÓN
6. Cada participante poderá presentar ata un máximo de dúas fotografías.
7. As imaxes serán enviadas ao seguinte enderezo electrónico: festadafilloadelestedo@gmail.com. No asunto do e-mail figurará: “Filloarte 2025” ou “Filloa de Lestedo 2025”. No propio correo, a persoa participante deberá achegar información sobre os seus datos de contacto (nome e apelidos -ou sobrenome – e teléfono), así como o título da/s fotografía/s.
8. Datas de recepción das imaxes: Desde o 7 de febreiro de 2025 ata as 23:59 horas do 2 de marzo do 2025.
VOTACIÓNS, ELECCIÓN DE GAÑADORES/AS E PREMIOS
9. Premios. Este ano haberá dúas modalidades de concurso: a primeira a través do Facebook e Instagram e a segunda a través dun xurado profesional. Deste xeito, a organización premiará este ano 2 imaxes: a imaxe con máis “gústame” resultantes de sumar a fan page de Facebook da Festa da Filloa (https:// www.facebook.com/filloaoficial) e a conta de Instagram (@festadafilloadelestedo), unha vez finalizado o período de votación; e a imaxe elixida por un xurado profesional, que se reunirá antes do 6 de marzo de 2025. O fallo do xurado será inapelable.
10. Data e lugar de publicación da galería de imaxes: A organización creará unha galería de imaxes con todas as fotografías presentadas, ordenadas por estrita orde de recepción, que será publicada na fan page de Facebook da Festa da Filloa de Lestedo e no Instagram o 3 de marzo de 2025.
11. Modo de votación. A xente poderá votar á mellor foto premendo o botón “gústame” da foto escollida na fan page de Facebook da Festa da Filloa (https:// www.facebook.com/filloaoficial) ou dándolle “gústame” á publicación en Instagram. O xurado profesional fará a súa votación entre as fotos presentadas tendo en conta criterios de calidade técnica, composición, creatividade…
12. Período de votacións: do 3 de marzo ata o 7 de marzo, ás 23.59 horas. Finalizado o período de votacións, as dúas imaxes con máis “gústame” e as dúas imaxes escollidas polo xurado profesional serán as premiadas.
13. Entrega de premios. O domingo 9 de marzo de 2025, durante a celebración da XLII Festa da Filloa de Lestedo.
14.Os premios aos que optan as persoas participantes serán:
-
- Premio do xurado:150 euros en metálico para a imaxe escollida polo xurado profesional.
-
- Premio do público: 150 euros en metálico para a imaxe con máis “gústame” en Facebook/Instagram.
15. Datas de publicación das imaxes premiadas: A organización publicará as imaxes premiadas no Facebook da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo e do Concello de Boqueixón, así como nas páxinas webs destas dúas entidades, nos días seguintes á finalización do prazo de votacións.
16. A organización encargarase de xestionar a entrega de ditos premios.
17. Todas as persoas participantes, polo mero feito de presentarse a este concurso fotográfico, autorizan o uso das súas imaxes e os textos que as acompañan nas publicacións ou reproducións, que fagan referencia exclusivamente á difusión do propio concurso o cal non impedirá que os autores/as conserven os seus Dereitos de Propiedade Intelectual de acordo coa lei 11.723 e responsabilízanse do cumprimento das disposicións legais en materia da devandita lei e do dereito á propia imaxe, sendo responsables de que a difusión, reprodución ou edición da obra no marco do presente concurso non lesione dereito algún de terceiros.
18. O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.
19. De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é Asociación Cultural da Filloa, con dirección en Vilar, s/n, Lestedo, 15881 -BOQUEIXÓN (A CORUÑA); festadafilloadelestedo@gmail.com.
1.- Dpo: O Delegado de Protección de Datos da Asociación Cultural da Filloa é Servicios de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. có que poderá contactar en festadafilloadelestedo@gmail.com.
2.- Finalidade do tratamento: Os datos serán utilizados para facerlle partícipe da actividade promocionada descrita na presente solicitude, para publicar os datos dos participantes na web e no Facebook da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo (nas datas sinaladas, mediante galería para proceder á votación) no intre no que se produza o faio do xurado, así como para a xestión administrativa derivada da actividade.
O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá supoñer a imposibilidade de inscribirlle na actividade solicitada Asociación Cultural da Filloa de Lestedo.
Prazo de conservación: os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a supresión dos mesmos e en calquera caso, mentres non houbera transcorrido o prazo de prescrición de posibles accións de responsabilidade derivadas do tratamento.
3.- Lexitimación: Este tratamento de datos persoais está lexitimado polo consentimento que nos outorga coa firma da presente circular.
4. Destinatarios de cesións: As persoas participantes cederán os seus datos de carácter persoal á Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, para que poidan facer pública a foto da creación no seu Facebook e páxina web, no caso de que estas fosen gañadoras.
5.- Dereitos: Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos.
A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, nas nosas instalacións ou por correo electrónico en festadafilloadelestedo@gmail.com, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.
20. En relación a Facebook, as persoas participantes exoneran a esta rede social de calquera responsabilidade derivada do presente concurso e garanten que aceptan as súas condicións Legais, políticas de privacidade ou de calquera outro tipo aplicables por dita rede social, as cales poden ser diferentes ás presentes Bases.